Sunday 19 de May de 2024

Conferencia de Lluís Pasqual e proxección de Orfeo, o venres na Fábrica polo centenario de María Casares


Para conmemorar o centenario do nacemento de María Casares, o Concello organiza este venres dúas actividades na Fábrica. Ás 19:00 horas Lluís Pasqual ofrecerá unha conferencia sobre a actriz e ás 20:30 horas proxectarase a película Orfeo.

Lluís Pasqual é unha lenda viva do teatro que compartiu diferentes experiencias e vivencias con María Casares. Posuidor das máis altas distincións culturais de España e Francia, fundou o Teatre Lliure de Cataluña e tamén foi director de institucións tan relevantes como o Centro Dramático Nacional ou Odeón-Theatre de L’Europe, entre outros.

A película Orfeo é unha obra mestra do cine mundial. Trátase dunha fascinante revisión do mito de Orfeo no París dos anos 50, dirixida por Jean Cocteau e protagonizada María Casares.

A entrada será libre con invitación, ata completar a capacidade da sala. As invitacións daranse desde unha hora antes na billeteira.